Xardín interior

by Esposa

/
  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Edición limitada de 300 copias en CD de "Xardín interior". Presentado en carpeta aberta, con tamaño de vinilo 7". Consta dunha folla interior coas letras e textos do disco e vén protexido por unha funda plástica de alto grosor. As fotografías e deseño gráfico son obra de Mar Catarina e o deseño do packaging de Roi Fernández.

    Includes unlimited streaming of Xardín interior via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 1 day
    edition of 300 

      €10 EUR or more 

     

  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

      name your price

     

1.
04:15
2.
3.
03:24
4.
02:01
5.
02:45
6.
7.
8.
9.
03:01
10.
11.
02:16
12.

about

A miña idea de xardín interior é un espazo metafórico. Penso no coidado e o respecto que a miña nai pon no seu xardín ou na horta, eses lugares nos que traballa pero aos que vai tamén cando necesita relaxarse. Invirte tempo e cariño na labor minuciosa do vexetal, pero ao mesmo tempo alí cultiva e canaliza as súas emocións. Gústame imaxinar á miña nai florecendo por dentro e ao abrigo daquelo que nace dentro dela. De todos os coñecementos transmitidos, como a importancia da observación propia e sensible do que vemos e o que pasa. Sen catalogacións, sen orde, salvaxe. Estas cancións son unha foto do noso xardín agora, con todo abríndose paso á vez: as dúbidas, as expectativas, Internet, as rutinas, a busca, as noticias da semana, as ganas e a insatisfacción, o real e o imaxinario.

credits

released March 31, 2017

Producido por Bobby Perú

Gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma
www.terraforma-studio.com
O Hío, Cangas do Morrazo

Masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering
Glasgow, Escocia


Fotografías e deseño: Mar Catarina.

Esposa son dous da costa e dous do interior
Mar Catarina, A Lagoa
Cibrán Tenreiro, Perillo
María Villamarín, Casas da Veiga
Xacobe González, A Cruz Alta

Ibán Pérez tocou a trompeta e algúns sintetizadores en “Vaciada”

Todas as cancións compostas por Esposa excepto “Vaciada”, que é de Fantasmage.


Editado por Prenom, 2017
Baixo unha licenza Creative Commons CC BY-NC



Booking e contratación / Parvo: booking@parvo.gal
PRENOM: ruben@prenomlab.com
Contacto: eesposaa@gmail.com
esposa.bandcamp.com

tags

license

about

Esposa GA, Spain

Esposa son un grupo de pop, ás veces rítmico e rápido e ás veces non.

Selo: Prenom
ruben@prenomlab.com

Contratación: Parvo
booking@parvo.gal

shows

contact / help

Contact Esposa

Streaming and
Download help

Track Name: Madreperla
Abride, abrídeme a ver como son

Non comparto a miña dor
e non comprendo o meu calor

Abride, abrídeme a ver como son

Sinto medo e confusión
porque antes cría e agora non
Borrei as liñas das miñas mans
e quedei falando só ata que dixeches chao.

Abride, abrídeme a ver como son

Hai moitas cancións que escribín
pero non dicían nada de min

Abride, abrídeme a ver como son

Escribín moitas cancións
pero non dicían nada de nós
A solución final será
arrincar partes do corpo e tiralas ao chan.

Abride,
Abride,
Abride,
Abrídeme a ver como son
Track Name: Xardín interior
Di que non, di que non che importa esta opinión
Colle a flor, colle a flor e entérraa no salón
pero nunca deixes que entren na túa habitación
Di que non, e garda os postres para outra ocasión

Quen gardou, quen gardou a terra no xarrón?
Estoupou e encheu de cores teu caparazón
Mentras secas a cabeza contra a luz do sol
A flor medrou, a flor medrou rachando o camisón

As flores calman os insectos e non o teu picor
Track Name: Aquí
Vou aos karaokes pra cantar
o que non canto cando quero
que ninguén me mire máis
Só me veñen as palabras se mas poñen na pantalla
E vou aos karaokes pra mirar
á xente sendo o que pretende
cando mira ao espello
aínda que estea moi lonxe para velo
aínda que estea moi lonxe para velo

Vou a biblioteca e son feliz
toda a memoria do mundo toda para min
pero sempre acabo lendo as mesmas palabras
mirando as mesmas fotos
e vendo as mesmas caras
comendo cada día a mesma bolsa de patacas
que nunca acaba
que nunca acaba
que nunca acaba
que nunca acaba ata que pasa
que saes da zona de confort e
vas ás músicas do mundo a coller un cd
apréndeste algún canto do candomblé
mentras un mendigo ao lado mira Anatomía de Grey
e daste conta de que vives no seu concello
aínda que esteas moi lonxe para velo
aínda que esteas moi lonxe para velo

Cultura popular? Cultura popular.
Escribir unha canción é como militar
Logo síntea moita xente se vas ao Luar
pero non sinten as palabras como sinten a empanada
Imos comer? Ou imos tocar?
Faría felíz a máis xente se soubera cociñar,
pero fago as cancións e os espargotes con atún
sabendo que inda que me esforce non lle gustan a ningún.
Como sete putas potas á semana dende setembro,
quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
E penso nisto moi forte e pretendo crelo.
Aínda que estea moi lonxe para velo.
Aínda que estea moi lonxe para velo.
Track Name: Autómata
Non sabe por que
se quere esconder.
Non sabe por que,
se todo vai ben.

Non sabe por que
que mal vai facer?
Non sabe por que
vai deixar de crer.
Track Name: Bas Jan Ader
O despliegue que mira por min
ignoroume ata que marchín.
Xente rara soña que me ve
eu escapo, eu escapo

De min, de el

Todos din desexarme o mellor
algúns rezan, outros dan leccións.
Hai dez días que só son unha actriz
nun estanco, nun estanco

Desaparecín

Xa non estou aquí
Track Name: Sabe a limón
Sabe a limón
ninguén espera máis
Sabe controlar
o lume dos mortais

A demolición
non vai esperar
que te aplaste o tren
non é opcional

Xamais verás un xornal
Lembrando os teus rituais
Máis fóra dos pedestais
Atopas o atemporal

Sabe a limón
pero hai que camiñar
O espírito fungón
farate implosionar
Track Name: Festa no camiño
Hai unha festa
no camiño
pero non estou alí.
Track Name: As dúas Fridas
Hai algo destrutor
que levas no teu interior.
E non é un segredo,
non é un segredo
que levas algo destrutor

Disme cousas estrañas

Tes novas sensacións
bailando no contenedor.
E o que levas dentro,
o que levas dentro,
violento, chama a túa atención

Disme cousas estrañas

E fai bum, bum, bum, bum.
Track Name: Vaciada
Vaciada por completo
ya no guardo más secretos
un lavado de cerebro
para ti.

Voy siguiendo tus consejos
ya me tienes donde quieres
siempre termino chocando
contra ti.
Track Name: Disfraz de coello
Non teñas medo
ao habitual,
faste de menos
e fasme mal.

Os tres invernos,
os funerais,
a idea de ternos...
que falta fai?
Track Name: "Okey"
O que
O que estou a vestir
Outros antes ca min
vestirono mellor

O que
O que estou a sentir
Outros antes ca min
sentirono mellor

Non hai vergonza
se te conformas con ser ti

OK,
non é problema meu
non consigo ser eu
tampouco ninguén máis

quizais
o problema de ser
non se poda pensar
só se leve na pel

Non hai vergonza
se te conformas con ser ti
Track Name: Extraterrestre
Dragáronme mellor
que da outra vez, xa ves
e xa nin me queixei
só protestei tal vez

Polo tema das sensacións
que me quitaron na operación
a miña estabilización
nunca foi miña decisión

As fillas en idade
marcharon cos outsiders.
Cos brazos afiados
sempre me fago sangue

Danme ollos para mirar
catálogos de sillas de bar,
sempre servín para servir
nos lugares nos que nacín

As vosas vaguedades
non faran que perdades
o tempo que queirades
vivir mellor

O meu corpo e o dos demais
nunca foron tan desiguais
síntome máis preto do chan
cando nos collemos das mans

Sabes que non somos iguais
Sabes que non somos irmáns
Sabes que non somos normais.