We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Xard​í​n interior

by Esposa

/
  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Edición limitada de 300 copias en CD de "Xardín interior". Presentado en carpeta aberta, con tamaño de vinilo 7". Consta dunha folla interior coas letras e textos do disco e vén protexido por unha funda plástica de alto grosor. As fotografías e deseño gráfico son obra de Mar Catarina e o deseño do packaging de Roi Fernández.

    Includes unlimited streaming of Xardín interior via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 1 day
    edition of 300 
    Purchasable with gift card

      €10 EUR or more 

     

  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Madreperla 04:15
Abride, abrídeme a ver como son Non comparto a miña dor e non comprendo o meu calor Abride, abrídeme a ver como son Sinto medo e confusión porque antes cría e agora non Borrei as liñas das miñas mans e quedei falando só ata que dixeches chao. Abride, abrídeme a ver como son Hai moitas cancións que escribín pero non dicían nada de min Abride, abrídeme a ver como son Escribín moitas cancións pero non dicían nada de nós A solución final será arrincar partes do corpo e tiralas ao chan. Abride, Abride, Abride, Abrídeme a ver como son
2.
Di que non, di que non che importa esta opinión Colle a flor, colle a flor e entérraa no salón pero nunca deixes que entren na túa habitación Di que non, e garda os postres para outra ocasión Quen gardou, quen gardou a terra no xarrón? Estoupou e encheu de cores teu caparazón Mentras secas a cabeza contra a luz do sol A flor medrou, a flor medrou rachando o camisón As flores calman os insectos e non o teu picor
3.
Aquí 03:24
Vou aos karaokes pra cantar o que non canto cando quero que ninguén me mire máis Só me veñen as palabras se mas poñen na pantalla E vou aos karaokes pra mirar á xente sendo o que pretende cando mira ao espello aínda que estea moi lonxe para velo aínda que estea moi lonxe para velo Vou a biblioteca e son feliz toda a memoria do mundo toda para min pero sempre acabo lendo as mesmas palabras mirando as mesmas fotos e vendo as mesmas caras comendo cada día a mesma bolsa de patacas que nunca acaba que nunca acaba que nunca acaba que nunca acaba ata que pasa que saes da zona de confort e vas ás músicas do mundo a coller un cd apréndeste algún canto do candomblé mentras un mendigo ao lado mira Anatomía de Grey e daste conta de que vives no seu concello aínda que esteas moi lonxe para velo aínda que esteas moi lonxe para velo Cultura popular? Cultura popular. Escribir unha canción é como militar Logo síntea moita xente se vas ao Luar pero non sinten as palabras como sinten a empanada Imos comer? Ou imos tocar? Faría felíz a máis xente se soubera cociñar, pero fago as cancións e os espargotes con atún sabendo que inda que me esforce non lle gustan a ningún. Como sete putas potas á semana dende setembro, quero ser útil para alguén aparte de min mesmo. Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo. Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo. E penso nisto moi forte e pretendo crelo. Aínda que estea moi lonxe para velo. Aínda que estea moi lonxe para velo.
4.
Autómata 02:01
Non sabe por que se quere esconder. Non sabe por que, se todo vai ben. Non sabe por que que mal vai facer? Non sabe por que vai deixar de crer.
5.
Bas Jan Ader 02:45
O despliegue que mira por min ignoroume ata que marchín. Xente rara soña que me ve eu escapo, eu escapo De min, de el Todos din desexarme o mellor algúns rezan, outros dan leccións. Hai dez días que só son unha actriz nun estanco, nun estanco Desaparecín Xa non estou aquí
6.
Sabe a limón ninguén espera máis Sabe controlar o lume dos mortais A demolición non vai esperar que te aplaste o tren non é opcional Xamais verás un xornal Lembrando os teus rituais Máis fóra dos pedestais Atopas o atemporal Sabe a limón pero hai que camiñar O espírito fungón farate implosionar
7.
Hai unha festa no camiño pero non estou alí.
8.
Hai algo destrutor que levas no teu interior. E non é un segredo, non é un segredo que levas algo destrutor Disme cousas estrañas Tes novas sensacións bailando no contenedor. E o que levas dentro, o que levas dentro, violento, chama a túa atención Disme cousas estrañas E fai bum, bum, bum, bum.
9.
Vaciada 03:01
Vaciada por completo ya no guardo más secretos un lavado de cerebro para ti. Voy siguiendo tus consejos ya me tienes donde quieres siempre termino chocando contra ti.
10.
Non teñas medo ao habitual, faste de menos e fasme mal. Os tres invernos, os funerais, a idea de ternos... que falta fai?
11.
"Okey" 02:16
O que O que estou a vestir Outros antes ca min vestirono mellor O que O que estou a sentir Outros antes ca min sentirono mellor Non hai vergonza se te conformas con ser ti OK, non é problema meu non consigo ser eu tampouco ninguén máis quizais o problema de ser non se poda pensar só se leve na pel Non hai vergonza se te conformas con ser ti
12.
Dragáronme mellor que da outra vez, xa ves e xa nin me queixei só protestei tal vez Polo tema das sensacións que me quitaron na operación a miña estabilización nunca foi miña decisión As fillas en idade marcharon cos outsiders. Cos brazos afiados sempre me fago sangue Danme ollos para mirar catálogos de sillas de bar, sempre servín para servir nos lugares nos que nacín As vosas vaguedades non faran que perdades o tempo que queirades vivir mellor O meu corpo e o dos demais nunca foron tan desiguais síntome máis preto do chan cando nos collemos das mans Sabes que non somos iguais Sabes que non somos irmáns Sabes que non somos normais.

about

A miña idea de xardín interior é un espazo metafórico. Penso no coidado e o respecto que a miña nai pon no seu xardín ou na horta, eses lugares nos que traballa pero aos que vai tamén cando necesita relaxarse. Invirte tempo e cariño na labor minuciosa do vexetal, pero ao mesmo tempo alí cultiva e canaliza as súas emocións. Gústame imaxinar á miña nai florecendo por dentro e ao abrigo daquelo que nace dentro dela. De todos os coñecementos transmitidos, como a importancia da observación propia e sensible do que vemos e o que pasa. Sen catalogacións, sen orde, salvaxe. Estas cancións son unha foto do noso xardín agora, con todo abríndose paso á vez: as dúbidas, as expectativas, Internet, as rutinas, a busca, as noticias da semana, as ganas e a insatisfacción, o real e o imaxinario.

credits

released March 31, 2017

Producido por Bobby Perú

Gravado e mesturado por Ibán Pérez en Estudio Terraforma
www.terraforma-studio.com
O Hío, Cangas do Morrazo

Masterizado por Martin Ballesta en Last Punch Mastering
Glasgow, Escocia


Fotografías e deseño: Mar Catarina.

Esposa son dous da costa e dous do interior
Mar Catarina, A Lagoa
Cibrán Tenreiro, Perillo
María Villamarín, Casas da Veiga
Xacobe González, A Cruz Alta

Ibán Pérez tocou a trompeta e algúns sintetizadores en “Vaciada”

Todas as cancións compostas por Esposa excepto “Vaciada”, que é de Fantasmage.


Editado por Prenom, 2017
Baixo unha licenza Creative Commons CC BY-NC



Booking e contratación / Parvo: booking@parvo.gal
PRENOM: ruben@prenom.gal
Contacto: eesposaa@gmail.com
esposa.bandcamp.com

license

tags

about

Esposa GA, Spain

Esposa son un grupo de pop, ás veces rítmico e rápido e ás veces non.

[foto de Cristina Calvete e cabeceira de Camila Viéitez]

contact / help

Contact Esposa

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Esposa, you may also like: