We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Belo Horizonte

by Esposa

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
Acordeón 03:23
O teu único dereito é non ter dereito a min e pintar de negro as fiestras. Entendino ben, perfecto, e xa tivo efecto en min: esquecínme de mirar. Costa abaixo fun facéndome maior. Costa abaixo fun facéndome mellor, fallando. Nunca pensei ter feito o que farei, e intento plegarme sobre min mesmo. Nunca pensei no cambio ata que cambiei, cambiaron pra ocupar cada vez menos e borrarme. O meu único dereito é non ter dereito a min, ser como un papel de estraza. Unha superficie apta prás ideas dos demais sobre a que poder mentir. Costa abaixo fun facéndome maior. Costa abaixo fun facéndome mellor, fallando. Nunca pensei ter feito o que farei, e intento plegarme sobre min mesmo. Nunca pensei no cambio ata que cambiei, cambiaron pra ocupar cada vez menos e borrarme.
2.
Estiven nun incendio que non encendín eu. Cando todo está queimado, quen vai dicir que o incendio é seu? Estiven nun disturbio, na parte de detrás. Necesitas máis xente para saber de que lado estás. E a dor é súa cando baten en nós, non dos que somos un problema menor, se iso é o que somos nós. E esas flores de oferta, a quen llas vas levar? Son pra as forzas da orde que me axudaron a ordenar. Eres membro de algo? Ultimamente creo que non. Só somos dous cobardes distintos dos cobardes de arredor. E a dor é súa cando baten en nós, non dos que somos un problema menor, se iso é o que somos nós.
3.
Nube branca 03:06
Somos libres como as rocas: se alguén morre, pecha a boca. Si si, moi ben, o silencio tamén fai pensar que todos se soportan. Hai un drama cando falo, pero hai outro cando calo. Non sei, non dou viaxado ao interior a rachar os meus diarios. Quero ser a nube branca e non ter que dicir nada, para que non me escoite ninguén. Quero ser indistinguible, quero ser a gota de auga, para que ninguén me poida ver. O que din de min sempre me importou. Se falan de min sempre din que non cala, non cala, non cala, non cala e aínda segue falando, falando, falando, falando. Non quero ser nomeada, quero significar nada. Deixo que protestes ti por min. Non quero ser a palabra pra sentirme utilizada solo existo para me aburrir. Non hai cartos, non hai tempo cando canto no meu templo. Tal vez, quizais, as voces dos demais non se escoiten este inverno.
4.
Hoxe é día de Nadal e estou medindo a distancia do Porto Alegre a Perillo, do Corcobado á Cruz Alta, dos trinta anos á infancia. Vou facendo o meu camiño coas cousas que non consigo. Vou facendo o meu camiño, vou facendo a miña danza. Hoxe é día de Nadal, e non estou sentada á mesa. Se forzades algo a vista son esa mancha vermella dende a Lagoa á Bahía. Dende a Lagoa á Bahía, de Belem ata a Veiga, vou cantando a miña xaneira coas cousas que sempre esquecía.

about

No momento en que as cousas non poden ser como queremos, temos que facelas doutra maneira. En Esposa non sempre fomos de facer as cousas sen présas, e desta volta levamos unha chea de tempo para sacar oito cancións, das que tres xa saíran e catro nin sequera son nosas. Dun mes para outro, a metade de nós vivía a seiscentos quilómetros da outra metade, e agora segue sendo así. 'É o que hai' e 'Belo Horizonte' son o froito dese momento de pausa no que non podemos xuntarnos a facer cousas, pero tamén son cancións nas que estamos xuntas, unidas no noso barullo.

Facer música é unha mestura entre o son que imaxinamos e o descontrol que o mundo bota sobre el. É unha cousa bonita porque é fráxil e impredicible. A nosa vida tamén o é, e algunhas das cancións que escoitaredes falan diso: das distancias, dos cambios, de fallar, das formas de relacionarnos… De aceptar o que vén e de facer cousas para resistirnos a iso que vén. Do medo a que o descontrol do mundo nos arrastre a sitios nos que non queremos estar, ou nos convirta en persoas que non queremos ser. Todos estes cambios implican dor, pero cando algo desaparece xa non hai regras, non hai inercia e hai que celebrar que aínda estea todo por facer. 'Belo Horizonte' e 'É o que hai' teñen esa dor, pero tamén a ilusión de seguir imaxinando algo as catro e a alegría de reunirnos.

credits

released April 24, 2020

Para a xente que non está onde quere, para a xente que se quere de lonxe, para a xente que se coida e nos coida de lonxe.

Esposa seguimos sendo metade da costa metade do interior, pero cambiamos de sitio:

Mar Catarina, da Lagoa a Acacias
Cibrán Tenreiro, de Perillo a San Pedro
María Villamarín, de Casas da Veiga a San Pedro
Xacobe González, da Cruz Alta a Valdeacederas


“Acordeón”, “Nube branca” e “Nós contra nós” foron gravadas, mesturadas e masterizadas por Bobby G. na Susana, no Montealegre e en Pinos Baja.

“Belo Horizonte” foi gravada, mesturada e masterizada por Lolo Arincón e Marcelo Castroamor nos estudios Xonix Records, en Bandeira.

O deseño é de Camila Viéitez
www.instagram.com/camila.vieitez/

Todas as composicións son de Esposa menos “Belo Horizonte”, composta e interpretada por Esposa con Pantis.

“Nós contra nós” apareceu orixinarimente en 'Galician Bizarre 3' (Autoeditado, 2018).
“Nube branca” apareceu orixinariamente no libro-disco 'Torgal' (Mont Ventoux, 2018).
“Belo Horizonte” apareceu orixinariamente en 'Nada(l). 13 panxoliñas orixinais de 13 bandas galegas actuais' (Xonix Records, 2017).

license

tags

about

Esposa GA, Spain

Esposa son un grupo de pop, ás veces rítmico e rápido e ás veces non.

[foto de Cristina Calvete e cabeceira de Camila Viéitez]

contact / help

Contact Esposa

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Esposa, you may also like: