We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

É o que hai

by Esposa

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
É o que hai 02:44
Non hai ninguén, xa me marcharon todos. Que vou facer se me deixaron solo? Con quen falar, con quen facer as cousas? Miro arredor, miro pola fiestra, ao lonxe pásano ben, montan as festas e eu estou aquí, vendo as siluetas. Só as sombras bailan xunto a min e non importa, e se importa que máis ten? Había cen cousas que quería facer e fracasei. É o que hai. Non hai ninguén, hai espazo de sobra, podes moverte, mover de sitio as cousas. Podes bailar, podes correr. Miro arredor, miro pola fiestra, ao lado pásano mal, dilles que se veñan. Abre as patacas, dilles de pintar a casa e sobre todo: non sexas negativo! Non hai regras, non hai inercia, e hai que celebralo porque aínda está todo por facer. É o que hai.
2.
Ohm 04:09
Ás veces o mal volve gañar, ás veces perden os bos. Tentamos non perder o que nos fai reais. Hai algún día gris que dura un mes. Queimámonos cando hai sol. Doe na pel arder, doe na cabeza pensar. Pero nada vai seguir igual. Nada se pode pensar. Ninguén explicou por que podes voar. É o que hai ata onde eu sei: ti dime adeus a min e non perdas máis tempo nadando ao revés. Oínte chamando dende moi atrás, pensei que estabas a berrar. Non tiña a miña voz e berrei coa de el. Sentinte caendo contra o final, non tiven tempo de ver. Tenteino outra vez, perdín pé e caínme tamén. Pero nada vai seguir igual. Nada se pode pensar. Ninguén explicou por que podes voar. É o que hai ata onde eu sei: ti dime adeus a min e non perdas máis cartos nadando ao revés.
3.
Tiña vinteún ao facer esta canción; teño vinte e oito agora e non me prestan atención. A xente pregunta cando vou madurar: queren dicir que teño que poñerme a traballar. Gústame sentarme a mirar o mar, pero sinto que o tempo me esvaece nas mans. Fixeime un obxectivo e non sei cal é, fágome preguntas e non me fago ben. Pra que serve esta canción, se non vai cambiar o mundo e non vai cambiarme a min? O tempo libre non me vai liberar da miña cabeza se lle dá por pensar. Vemos outra serie no salón, é un intento de estar mellor. Vin estrelas fugaces onte á noite, pedín un desexo pero eran só satélites. Á tecnoloxía que lle vas pedir? Desexo, desexo ser feliz. Pra que serve esta canción, Se non vai salvar o mundo e non vai salvarme a min?
4.
Hai quen tenta ligar e vai dando asco; non lle pasaba a Pablo Picasso. Sendo máis baixo ca ti facía ás rapazas derretir. Pablo Picasso nunca foi dando asco. Bueno, pode ser que estea equivocado, pero as mozas derretían cando pasaba ao seu lado. Sendo máis baixo ca ti facía ás rapazas derretir. Pablo Picasso nunca foi dando asco. Non coma ti. Sendo máis baixo ca ti facía ás rapazas derretir. Pablo Picasso nunca foi dando asco. Non aquí. Fixemos este tema porque só tiña un acorde, e falamos deste tema non porque esteamos de acordo. Todo aquí é sexo e todo o sexo é poder. Esposa non queremos ver a naide derreter. Queremos amar e non ser amados, queremos sentirnos fóra do mercado. Sentirnos orgullosas do noso propio fracaso contando a historia de Pablo Picasso. Sendo máis baixo ca ti facía ás rapazas derretir. Pablo Picasso nunca foi dando asco. Hai quen tenta ligar e vai dando asco; non lle pasaba a quen? Pablo Picasso. Sendo máis baixo ca ti facía ás rapazas derretir, é así.

about

No momento en que as cousas non poden ser como queremos, temos que facelas doutra maneira. En Esposa non sempre fomos de facer as cousas sen présas, e desta volta levamos unha chea de tempo para sacar oito cancións, das que tres xa saíran e catro nin sequera son nosas. Dun mes para outro, a metade de nós vivía a seiscentos quilómetros da outra metade, e agora segue sendo así. 'É o que hai' e 'Belo Horizonte' son o froito dese momento de pausa no que non podemos xuntarnos a facer cousas, pero tamén son cancións nas que estamos xuntas, unidas no noso barullo.

Facer música é unha mestura entre o son que imaxinamos e o descontrol que o mundo bota sobre el. É unha cousa bonita porque é fráxil e impredicible. A nosa vida tamén o é, e algunhas das cancións que escoitaredes falan diso: das distancias, dos cambios, de fallar, das formas de relacionarnos… De aceptar o que vén e de facer cousas para resistirnos a iso que vén. Do medo a que o descontrol do mundo nos arrastre a sitios nos que non queremos estar, ou nos convirta en persoas que non queremos ser. Todos estes cambios implican dor, pero cando algo desaparece xa non hai regras, non hai inercia e hai que celebrar que aínda estea todo por facer. 'Belo Horizonte' e 'É o que hai' teñen esa dor, pero tamén a ilusión de seguir imaxinando algo as catro e a alegría de reunirnos.

credits

released April 23, 2020

Para a xente que non está onde quere, para a xente que se quere de lonxe, para a xente que se coida e nos coida de lonxe.

Esposa seguimos sendo metade da costa metade do interior, pero cambiamos de sitio:

Mar Catarina, da Lagoa a Acacias
Cibrán Tenreiro, de Perillo a San Pedro
María Villamarín, de Casas da Veiga a San Pedro
Xacobe González, da Cruz Alta a Valdeacederas

Lucía Colombo toca con nós as maracas en “Ohm”

Todas as cancións foron gravadas, mesturadas e masterizadas por Bobby G. na Susana, no Montealegre e en Pinos Baja.

Deseño de María Villamarín
luapiznik.tumblr.com

Ningunha das composicións é de Esposa, pero as letras son adaptacións nosas bastante libres ao galego.


“É o que hai” é unha versión de “It’s Only Life”, unha canción dos Feelies, incluída orixinariamente en 'Only Life' (A&M, 1988).
“Ohm” é unha versión da canción de Yo La Tengo, incluída orixinariamente en 'Fade' (Matador, 2013).
“Pra que serve esta canción?” é unha versión de “New England”, unha canción de Billy Bragg, incluída orixinariamente en 'Life’s a Riot with Spy vs. Spy' (Charisma Records, 1983).
“Pablo Picasso” é unha versión da canción dos Modern Lovers, incluída orixinariamente en 'The Modern Lovers' (Beserkley, 1976).

license

tags

about

Esposa GA, Spain

Esposa son un grupo de pop, ás veces rítmico e rápido e ás veces non.

[foto de Cristina Calvete e cabeceira de Camila Viéitez]

contact / help

Contact Esposa

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Esposa, you may also like: