We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.
/
  • Compact Disc (CD) + Digital Album

    Edición limitada de 300 copias en CD de "Xardín interior". Presentado en carpeta aberta, con tamaño de vinilo 7". Consta dunha folla interior coas letras e textos do disco e vén protexido por unha funda plástica de alto grosor. As fotografías e deseño gráfico son obra de Mar Catarina e o deseño do packaging de Roi Fernández.

    Includes unlimited streaming of Xardín interior via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    ships out within 1 day
    edition of 300 
    Purchasable with gift card

      €10 EUR or more 

     

  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

lyrics

Vou aos karaokes pra cantar
o que non canto cando quero
que ninguén me mire máis
Só me veñen as palabras se mas poñen na pantalla
E vou aos karaokes pra mirar
á xente sendo o que pretende
cando mira ao espello
aínda que estea moi lonxe para velo
aínda que estea moi lonxe para velo

Vou a biblioteca e son feliz
toda a memoria do mundo toda para min
pero sempre acabo lendo as mesmas palabras
mirando as mesmas fotos
e vendo as mesmas caras
comendo cada día a mesma bolsa de patacas
que nunca acaba
que nunca acaba
que nunca acaba
que nunca acaba ata que pasa
que saes da zona de confort e
vas ás músicas do mundo a coller un cd
apréndeste algún canto do candomblé
mentras un mendigo ao lado mira Anatomía de Grey
e daste conta de que vives no seu concello
aínda que esteas moi lonxe para velo
aínda que esteas moi lonxe para velo

Cultura popular? Cultura popular.
Escribir unha canción é como militar
Logo síntea moita xente se vas ao Luar
pero non sinten as palabras como sinten a empanada
Imos comer? Ou imos tocar?
Faría felíz a máis xente se soubera cociñar,
pero fago as cancións e os espargotes con atún
sabendo que inda que me esforce non lle gustan a ningún.
Como sete putas potas á semana dende setembro,
quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
Quero ser útil para alguén aparte de min mesmo.
E penso nisto moi forte e pretendo crelo.
Aínda que estea moi lonxe para velo.
Aínda que estea moi lonxe para velo.

credits

from Xard​í​n interior, released March 31, 2017

license

tags

about

Esposa GA, Spain

Esposa son un grupo de pop, ás veces rítmico e rápido e ás veces non.

[foto de Cristina Calvete e cabeceira de Camila Viéitez]

contact / help

Contact Esposa

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Esposa, you may also like: